Quince alumnos italianos realizan prácticas en empresas de Ribadeo con Apaga

AMariñaXa
A estadía enmárcase dentro do programa Erasmus +, que está a desenvolver a asociación
alumnos-italianos-practicas-ribadeo
Os alumnos no centro facendo as prácticas
8 Xuño 2024

Quince alumnos italianos realizan prácticas en empresas de Ribadeo da man de Apaga. A estadía enmárcase dentro do programa Erasmus +, que está a desenvolver a asociación.

Son rapaces chegados dun centro de ensino de Italia, de Maranello, que está pegado á fábrica de Ferrari.

Aquí reciben formación en empresas de Ribadeo durante 15 días. E despois, no mes de xullo, chegará outro grupo de italianos outros 15 días. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, agradece a implicación das empresas locais: “quero resaltar o noso agradecemento ás empresas de Ribadeo que colaboran nesta iniciativa polo esforzo que supón para elas na maioría dos casos ter dous alumnos para poder telos a todos na zona de Ribadeo”.

Tamén agora en xuño o día 10 seis alumnos turcos virán, tamén con Apaga, neste caso a unha estadía formativa na empresa Industrial Recense, da Pontenova. Para Doural “esta que verdadeiramente ten unha visión do que é a formación e das iniciativas de apoio a entidades como a Apaga ou aos centros educativos. Xa xogou un papel moi importante na implantación do ciclo de soldadura que está a funcionar na Pontenova”.

0.18623208999634