Queda renovado o parque infantil da parroquia de Sante de Trabada
AMariñaXa
A actuación, dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, supuxo un investimento de preto de 50.000 euros
18 Xul 2024
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de renovación do parque infantil da parroquia de Sante.
A actuación, dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, supuxo un investimento de preto de 50.000 euros e incluíu a renovación de todos os aparatos de xogo, o chan e o valado de protección.
“Un renovado espazo de lecer para as familias de Sante”, asegurou esta mañá o alcalde de Trabada, Rubén García, “e desta forma seguimos a dar pasos para mellorar todos os parques infantís de Trabada”.
O concello continuará coa mellora destas zonas, xa que obtivo unha subvención para cubrir o parque infantil situado na rúa de San Roque e recentemente substituíu o valado do parque infantil do colexio de Infantil e Primaria.