Quecendo motores para o Martelazo Rock de Xove
A asociación Martelos Costa Norte organiza unha nova edición do Martelazo Rock que se celebrará o vindeiro 24 de setembro no Concello de Xove.
O festival dará comezo ás 11.00 horas coa saída en roteiro desde a praza do Concello de Xove percorrendo varias das localidades do municipio ata chegar ao festival e con parada para avituallamiento nos dolos de Morás incluída.
Ao mesmo tempo, abriranse as portas do festival para todos aqueles que non queiran ir ao roteiro, ou non cheguen a tempo, e queiran gozar desde o primeiro minuto deste gran día.
Xa ao medio día, ás 13.00 horas, volverán os participantes no roteiro e comezarase a sesión vermú ata a h ora do xantar, haber aperitivos con boa música e bebida e así os asistentes recollerán as súas inscricións.
O menú do xantar das 14.30 horas está composto por dous pratos, bebida, pan e sobremesa, así como estará a Food Truck Strambótica. O pago das bebidas realizarase coa moeda propia do festival, polo que será necesario o cambio de moeda na zona habilitada para iso. As consumicións na food-truck e as compras no merchandising realizaranse en efectivo.
Pola tarde poderase desfrutar dos xogos tradicionais e haberá tempo de baixar a comida e desfrutar de todas as actividades programadas.
Xa ás 19.30 horas comezarán os concertos con To-Xo, Wicked Wizzard e Calle del Ruído, despois será o gran sorteo dunha motocicleta de 400cc, e acto seguido volverá a música da man de Hammer Cross e Expropiazión.
A moto entregarase transferida e con itv favorable, ito implicará o atraso pertinente de calquera transferencia. O agraciado no sorteo será o responsable do traslado da moto.
Dende a organización lembran que as prazas para a comida son limitadas e para anotarse haberá que facer unha transferencia de 25 euros a ES52 0081 2146 9800 0115 7123.
A inscrición inclúe a comida, unha camiseta e unha chapa de agasallo, e unha cañita fresca de benvida. O sorteo da moto non está incluído polo que haberá que mercar as papeletas a 5 euros cada unha.