"Puertas"

GaliciaXa | AMariñaXa | ACoruñaXa
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
Julia-M.-Dopico-Vale-y-Pineiro
30 Aug 2025

Por Julia M.ª Dopico Vale y Piñeiro.

“Puertas” é o novo álbum que presenta a banda “CUARTETO DE NOS”, de orixe uruguaio e formada en Montevideo, cunha ampla discografía con títulos como Otra Navidad en las Trincheras —polo que obtén a certificación de platino e ouro pola CUD—, Barraca abajo, El tren bala… recibindo 17 “Premios Graffiti” e 5 “Grammy Latinos”, sendo ademais o grupo máis lonxevo e activo desde a súa formación en 1978 e converténdose nun ícono cuxos “hits” son as súas cancións máis actuais —o luxo do auténtico—.

O principal distintivo do grupo son as súas letras afiadas, o perfil irónico, a crueza, a autocrítica, a universalidade do amor e outras inquietudes incluso de índole filosófica que conectan coa mocidade actual, co que crean vínculos afectivos entre distintas xeracións. Prima a melodía no estilo de rock alternativo, un son menos comercial que o do rock dominante, e o sentido profundo das letras, como comenta Roberto Musso, líder da agrupación, en relación con Puertas:

“É un mundo onde o ceo parece sempre fóra do alcance; un viaxeiro sen nome percorre un corredor infinito de portas. Cada porta é un umbral, un instante onde a vida se condensa nunha elección… Non hai mapa, non hai chave mestra… O mundo, coa súa máquina de control, exíxelle que mire para outro lado, que se perda en trivialidades, que esqueza as portas… Ás veces o viaxeiro atopa refuxios. Alí, entre amatistas e mandalas, a fraxilidade volve sagrada, pero nunca eterna…”.

Neste mes de setembro a banda volve a España, despois dunha exitosa xira colgando carteis de “sold out” para tocar en A Coruña, Valencia e Murcia. Concretamente, o concerto de A Coruña terá lugar o 6 de setembro na Sala Pelícano, unha das máis espectaculares de Europa. Altamente recomendable.

“Cando emprendas a túa viaxe a Ítaca, pide que o camiño sexa longo, cheo de aventuras, cheo de experiencias…”.

⚙ Configurar cookies
0.18963193893433