PSOE e BNG recrimínanlle á Xunta que aínda non presentara un recurso xudicial ao veto á pesca de arrastre

AMariñaXa
PSOE e BNG recrimínanlle á Xunta que aínda non presentara un recurso xudicial á Unión Europea polo veto á pesca de arrastre.
pesca arrastre fondo mar
26 Out 2022

PSOE e BNG recrimínanlle á Xunta que aínda non presentara un recurso xudicial á Unión Europea polo veto á pesca de arrastre.

A voceira parlamentaria de pesca, Patricia Otero, defendeu que o goberno galego non presente un recurso ao veto á pesca de fondo galega,  tal como vai facer o goberno de España e anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en numerosas ocasións. 

Patricia Otero levou ao Parlamento de Galicia, unha pregunta ao director xeral de Pesca instándolle a que o goberno da Xunta leve a cabo o recurso ao veto á pesca de fondo que atinxe a 87 caladoiros nos que actuaba gran parte do sector galego. Para a socialista a presentación do recurso “é o mínimo” ao ser a comunidade ao ser a comunidade coa principal frota pesqueira pesqueira de España e unha das máis importantes de Europa.

A deputada socialista demandou que o executivo galego realice o recurso que anunciou. Acusou ao director xeral de Pesca de cambiar a súa versión, ao argumentar que ao argumentar agora que presentarían o recurso se fracasaba o do goberno do Estado, sen embargo Otero recordou que distintos mandatarios da consellería do Mar afirmaron en distintas ocasións que presentarían o recurso igualmente.

Ante que o director xeral puxera o punto de partida deste proceso en 2020, Otero recordou que foi o Regulamento de 2016 o que deu pe a este acto de execución, polo que preguntou se é que comezaron a traballar no asunto no 2020, “onde estaba o goberno da Xunta durante eses catro anos?”.

Reiterou os compromisos acadados pola totalidade dos grupos da Cámara galega para poñer deberes á Xunta e ao goberno central de cara a defender ao sector da pesca galego. Estes acordos están poñéndose en cuestión polo Partido Popular pola últimas actuacións dos seus representantes. 

Nomeadamente, o senador galego e ex número dous do PP de Galicia, Miguel Tellado, interpelou onte ao ministro de Pesca, Luis Planas, en relación a este asunto. Otero destacou que Tellado “ foi coa intención de buscar unha confrontación e buscar culpables e romper os acordos”, pero que o ministro do goberno de España “deixou en evidencia” que o popular “tiña un descoñecemento total do procedemento”.

Denunciou que o senador que “está no seu posto para defender os intereses dos galegos e das galegas”, soamente empregou a súa quenda de palabra para “mentir dicindo que o goberno de España non enviou o informe socioeconómico”, indicando Otero que no propio Parlamento Galego se destacou en incontables ocasións que a Comisión Europea “non pediu eses informes e non tivo en ningún momento a perspectiva socieconómica en conta á hora de tomar a decisión”.

BNG

 O BNG esixe á Xunta a presentación dun recurso xudicial á Unión Europea co obxectivo de reverter a prohibición da pesca de arrastre para a flota galega e a empraza, ademais, á Xunta e ao goberno central a actuar contra as intencións da UE de prohibir a comercialización da quenlla, da cal Galiza é a maior provedora no mercado europeo.

A portavoz de Pesca, Rosana Pérez, recriminoulle á Consellería do Mar a súa demora na presentación de accións “esenciais para protexer á xente do mar”, un sector que “vén de comprobar como “se despreza o seu papel por parte do PP”.  De feito, a deputada do BNG criticou aos Populares por “instalarse na inacción” malia anunciar aos medios de comunicación da presentación dunhas accións xudiciais das cales o Parlamento aínda non foi informado. 

0.1633129119873