PSOE e BNG negociarán para reeditar o pacto político no Valadouro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Valadouro tratará de renovar o pacto de goberno do anterior mandato.
as pontes5
4 sep 2019

O Valadouro tratará de renovar o pacto de goberno do anterior mandato. Para iso, o alcalde socialista, Edumundo Maseda, retomará os contactos cos integrantes do BNG local para tratar de sacar adiante un novo acordo. Unhas xuntanzas que poderían empezar a vindeira semana, cando rematen as festas patronais.

A negociación levarase a cabo unha vez que a asemblea local nacionalista deu o visto bo ao volver a iniciar as conversas, trala ruptura do pacto entre ámbalas dúas formacións, pouco despois da investidura do socialista como rexedor.

"O mandato da asamblea foi de retomar as conversas e o faremos dende o principio, partindo de cero, e con todas as posibilidades abertas", segundo o portavoz nacionalista, Eduardo Chao, que encabezará os próximos encontros con dirixentes socialistas. Eliseo Tojeiro é o outro edil do Bloque, fronte aos catro concelleiros que conqueriu o PSOE. Os nacionalistas puntualizan que fora o PSOE quen rompera o pacto pero as posicións de ambas formacións parten de comezar de cero.

Tanto Chao como Maseda confirmaron que xa mantiveran conversas telefónicas previas buscando unha nova xuntanza, que non se puido producir con anterioridade ao non reunirse a asemblea de afiliados valadourense ata o pasado fin de semana. E será a asemblea a que teña que ratificar o acordo.

Un acordo garante a aprobación dos presupostos, para poñer en marcha diversos proxectos.

0.1303129196167