PSOE e BNG de Viveiro chegaron a un acordo de Goberno en coalición

AMariñaXa
PSOE e BNG de Viveiro chegaron a un acordo de Goberno en coalición María Loureiro na Alcaldía e Míriam Bermúdez na Tenencia de Alcaldía.
miriam bermudez bng Maria loureiro psoe viveiro
23 Xul 2023

PSOE e BNG de Viveiro chegaron a un acordo de Goberno en coalición para os vindeiros catro anos, coa socialista María Loureiro na Alcaldía e Míriam Bermúdez na Tenencia de Alcaldía.

O PSOE levará as áreas: Alcaldía, Facenda, Turismo, Cultura, Deportes, Xuventude, Servizos Sociais e Inmigración, Seguridade Cidadá, Educación, Mar e Conservatorio.

O BNG dirixirá as áreas: Tenencia de Alcaldía, Oras e Infraestruturas, Parques e Xardíns, Mobilidade e Accesibilidade, Emprego e Promoción Económica, Medio Ambiente, Medio Rural, Mercados e Comercio.

O goberno bipartito ofreceu a Por Viveiro a posibilidade de formar parte do Goberno, mais "os independentes Bernardo Fraga e Manolo Galdo decidiron apartarse e non entrar, asegurando que facilitarán a gobernabilidade de Viveiro baixo o acordo de PSOE e BNG nos vindeiros catro anos", din os nacionalistas viveirenses.

María Loureiro e Míriam Bermúdez valoran positivamente o acordo asinado que supón o inicio dunha nova etapa cun novo goberno, que traballará para atender coa man tendida á veciñanza e coa máxima transparencia..

O goberno bipartito valorou a necesidade de traballo e proxectos que precisa Viveiro, estudando un acordo que permita mellorar a capacidade de traballo que require un Concello como Viveiro, con multitude de servizos públicos e unha elevada dispersión poboacional.

Aínda que a lei predispoña e permita 7 dedicacións para Viveiro, o bipartito acordou nesta nova etapa de goberno un total de 4 dedicacións exclusivas, pois tanto PSOE como BNG estiveron dacordo en axustar os seus soldos para poder liberar unha persoa máis sen que esta supoña un incremento nos gastos municipais.

Viveiro PSOE Maria Loureiro 2023
miriam bermudez BNG Viveiro
0.16768288612366