Propoñen a construción dun skatepark en Viveiro

AMariñaXa
Dende fai uns anos no concello de Viveiro o interese polo surf e skate aumentou por iso piden a construción dun skatepark
skatepark viveiro proposta
25 Aug 2021

Dende fai uns anos no concello de Viveiro o interese polo surf e skate aumentou de forma exponencial, dous deportes que van da man e que xa son referentes para a xuventude desde os 6-7 anos até idades adultas chegando en época estival a concentrar perto de cen crianzas por día para desfrutar e aprender nas numerosas e marabillosas praias que nos rodean, sendo as praias da Mariña moi ben valoradas para a práctica do surf.

Por este motivo, dende o BNG propoñen construír un skatepark en Viveiro, contando cunha empresa especializada para a súa construción, considerar a demandada zona de Lodeiro para a súa ubicación así como a zona verde fronte á piscina municipal, en Celeiro, e tamén que sexa unha instalación multidisciplinar, permitindo a práctica de varias disciplinas, como son o SurfSkate e o Skate tradicional.

Ademais piden que "dentro do posible valorese que a instalación conte cunha cuberta que posibilite ser utilizada en días de choiva", din dende o grupo político.

"Debemos ter en consideración que en Viveiro contamos durante todo o ano con dúas escolas de surf cunha matrícula que ronda os 70–80 alumnos e alumnas e que están competindo a nivel autonómico e estatal cuns resultados máis que aceptables quedando sempre entre os 5 primeiros postos, colocando Viveiro á par de lugares con historia surfeira de toda a cornisa cantábrica", din dende o BNG.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17517709732056