Programan unha camiñata en Mondoñedo
AMariñaXa
O camiño, que será dunha distancia dun quilómetro e medio aproximadamente, comezará dende a Catedral
16 Oct 2024
O vindeiro 2 de novembro porgraman unha marcha duns 30 minutos no concello de Mondoñedo. O camiño, que será dunha distancia dun quilómetro e medio aproximadamente, comezará dende a Catedral polo Camiño de Santiago. AO chegar ao alto da estrada cortada, os camiñantes irán car a ruta da auga para regresar e saír á Fonte Vella. Os que se animen poderán gozar de distintos puntos desde onde se pode fotografiar Mondoñedo dende arriba. O punto de partida será a Praza da Catedral onde deberán reunirse os participantes ás 11.00 horas.