Programan en Cervo unha ruta en kaiak

AMariñaXa
Esta proposta súmase ás Noites de Volei na Praia do Torno, que botaron a andar o 1 de xullo
kayak-kaiak-canoa
Imaxe de arquivo
3 Xul 2024

Coa chegada do verán comezan as Noites Alternativas do Concello de Cervo. A programación continúa este xoves cunha ruta en kaiak a partir das 20.00 horas, no peirao de San Ciprián. A actividade é gratuíta. Esta proposta súmase ás Noites de Volei na Praia do Torno, que botaron a andar o 1 de xullo. As inscricións fanse a partir das 20.00 horas na mesma localización. Os partidos xogaranse luns, martes e mércores e os horarios iranse anunciando en función dos grupos que se formen o primeiro día.

0.17572999000549