O Valadouro presenta o seu programa de Nadal para este 2024

AMariñaXa
Contará con gran variedade de obradoiros e actividades, dirixidos aos nenos e nenas e as súas familias
nadal-valadouro
13 Dec 2024

O Concello de O Valadouro presenta o seu programa para gozar do tempo de lecer de Nadal cunha gran variedade de obradoiros e actividades. Dirixidos aos nenos e nenas e as súas familias.

Os obradoiros destinados á infancia son todos en horarios de mañá e precisan inscrición previa que pode ser, tanto na Casa da Cultura como nas oficinas xerais do Concello do 11 ao 18 de decembro.

O luns 23 de febreiro iniciarán cun obradoiro onde as crianzas poderán realizar diferentes adornos de Nadal, de 10.30 a 13.30 horas. O xoves 26 de decembro terán un obradoiro de robótica creativa onde poderán xogar con diferentes robots, construir un circuito eléctrico ou facer figuras de luz, de 11.00 a 13.00 horas.

O venres día 27 de decembro, haberá o obradoiro 'Fai o teu boneco bocón' que consiste na construción de marionetas de cartón de varias formas e técnicas. Neste obradoiro poderá transformar petiscos de cartón en personaxes diversas capaces de trasladar historias propias.

O luns, 30 de decembro será a quenda culinaria, polo que haberá un obradoiro de cociña onde nenos e nenas elaborarán diferentes receitas de Nadal, de 10.30 a 13.30 horas.

O xoves, 2 de xaneiro terá lugar un pequeno obradoiro de maxia onde a rapazada aprenderá e practicará diferentes trucos de maxia para sorprender aos seus familiares, de 11.00 a 12.00 horas. Xa o venres 3 de xaneiro, rematarán cunha ximcana deportiva con divertidos xogos como o brilé, tiro a corda, fútbol, baloncesto e moitos máis de 10.30 a 13.30 horas.

Haberá tamén actividades de tarde para público familiar como a representación teatral a cargo de Trémola Teatro 'En busca de Papá Noel', o luns 23 de decembro, ás 17.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. O venres 27 de novembro, proxectarase a película 'Teddy. La Magia de la Navidad' ás 17.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. Para o 30 de decembro poderán desfrutar de 'Monstrólogo' de Trécola Producións, unha comedia teatral con monicreques e moito "monstro". Despois da función terán pintacaras para ás persoas asistentes (17.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura). Rematan a programación co 'Concerto de Nadal' a cargo da Banda de música Mestre López-O Valadouro, o venres 3 de xaneiro, ás 17.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.

0.16577100753784