Produart, a feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, comeza en Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
A décimo novena feira dos produtos artesanais e ecolóxicos Produart arrinca en Burela o día 2 e ata o 4 de agosto na nave de redes do peirao burelés con entrada gratuíta, de 17 a 21 horas e de 11 a 21.
1 Ago 2019

A décimo novena feira dos produtos artesanais e ecolóxicos Produart arrinca en Burela o día 2 e ata o 4 de agosto na nave de redes do peirao burelés con entrada gratuíta, de 17 a 21 horas e de 11 a 21.30 o sábado e o domingo. Grazas á Fundación Expomar, os asistentes acodirán a obradoiros e conferencias así como terán acceso a actividades infantís.
O venres, día 2, ás 17.00 horas, a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, inaugurará a cita, xunto a Alfredo Llano, o alcalde burelés, que tamén preside a fundación Expomar. A continuación, o presidente da Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, disertará sobre o patrimonio arqueolóxico da costa lucense.
O sábado, haberá unha demostración de encaixe de bolillos por parte das Encaixeiras de Burela e o estudo Alén das Olas de Marín fará demostracións de cerámica ao mediodía. O centro de educación ambiental Gaia impartirá un obradoiro infantil de manualidades esa tarde.
E xa o domingo, haberá actividades para nenos como un pintacaras infantil, outra demostración de encaixe e o senador César Mogo acompañará a Llano nunha visita institucional pola feira.

0.19053292274475