Procedeuse ao pintado dos farois do paseo marítimo de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro procedeu nas últimas semanas ao pintado dos farois do paseo marítimo do municipio para a súa conservación.
viveiro farois
12 Xuño 2021

Procedeuse nas últimas semanas ao pintado dos farois do paseo marítimo de Viveiro. Concretamente, estes traballos de mantemento realizáronse nos farois entre o inicio da avenida Martín Ledesma, dende o edificio da Cruz Vermella, ata o final da avenida Luis Cebreiro, fronte aos Castelos de Covas.

Deste modo, o goberno local garante a conservación do alumeado dunha zona moi transitada no municipio, tanto por parte dos propios veciños de Viveiro, como dos visitantes que gozan deste paseo marítimo. 

viveiro farois 2
0.19346499443054