Procedemento especial e sumario para a resolución de cuestións relativas ao dereito de familia
Por Díaz & Abad Abogados
O 29 de abril, saiu publicado no BOE, o Real Decreto Lei 16/2020 de 28 de abril sobre medidas procesais e organizativas para facer frente ao COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza.
Este decreto, nos seus artigos 3, 4 e 5 regula un procedemento ex novo dirixido fundamentalmente a tres pilares básicos de actuación no dereito de familia, sendo o primero deles o restablecemento do equilibrio no reximen de visitas ou custodia compartida cando un dos proxenitores non puido cumprir coas suas obrigas paterno filiais como consecuencia das medidas adoptadas polo goberno e as demais autoridades sanitarias impostas para evitar a propagación e contaxio do COVID-19.
O segundo e tercero aspecto que regula este decreto refirese as prestacions económicas impostas por sentenza, concretamente pensión de alimentos entre proxenitores e fillos, ou entre parentes, e pensions compensatorias entre conxuxes, que, a causa desta situación de emerxencia sanitaria derivada do COVID-19 variaron sustancialmente a sua situación económica.
A persoa que este incursa nalgún destes supostos, podera pedir xudicialmente mediante demanda a incoación deste novo procedemento, que acorta os prazos, sendo máis áxil, xa que incluso as sentenzas se poden dictar e adquiren firmeza no mesmo momento do seu pronunciamento polo xuiz, despois de finalizada a vista se as partes están de acordo en non recurrir dicho pronunciamento.
Así os padres que non poideron ver os seus fillos durante o confinamento, podrá restablecer a normalidade do seu reximen de visitas o na custodia compartida e aquellas persoas que por esta situación de emerxencia sanitaria vexan afectados sustancialmente os seus ingresos económicos e non poidan facer frente ao pago de prestación alimentacia ou compensatoria total ou parcialmente poderan instar a modificación desa obriga mediante este procedemento presentando coa demanda simplemente como proba documental o certificado de desempleo donde figure a cuantía mensual percibida ou no caso dos traballadores por conta propia o certificado da AEAT sobre a base da declaración de cese de actividades ou disminución de ingresos .
Con este procedemento intentase dar solución aos problemas mais acusados e importantes no ámbito familiar, fomentando o acordo e sua homologación xudicial primando o interés superior do menor.