Primeiros pasos para a primeira área canina da Mariña que estará situada en Foz

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz contará na contorna da área recreativa de Pico do Castro coa primeira área canina da Mariña
130623 TERREO EN PICO DO CASTRO (FOZ) PARA CONSTRUIR UN PARQUE CANINO (1)
13 Xuño 2023

A instancias do Concello de Foz, a empresa NEDGIA levou a cabo a demolición das vellas instalacións de distribución de gas situadas no Pico do Castro, a carón do cemiterio focego, repoñendo a finca municipal ao seu estado inicial. Os traballos consistiron na desgasificación e extracción do tanque, a retirada das cubertas de uralita das edificacións, a limpeza e extracción de residuos e a consolidación e reposición do terreo. Neste lugar construirase o primeiro parque canino da Mariña.

O alcalde en funcións, Fran Cajoto, explica que  “este é o primeiro paso para a construción do primeiro parque canino da Mariña, que ocupará unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados no entorno do Pico do Castro. Deixamos en pé as edificacións existentes, co obxecto de aproveitalas como elementos auxiliares do parque se fora preciso. Grazas ao traballo dos alumnos da Escola Obradoiro o parque vai a ser unha zona segura para ceibar as nosas mascotas, nun entorno no que poderán desfrutar do aire libre, con estruturas de agility e puntos de auga para beber. Este proxecto incluímolo tamén na nova solicitude de escola obradoiro de xardinería, á que concorremos de novo cos concellos de Alfoz e o Valadouro.”

Cajoto engade que “as instalacións de almacenamento e distribución de gas levaban moitos anos pechadas e non foi ata o requirimento do Concello de Foz cando se desmontaron: preocúpanos o coidado da nosa vila e con ese obxectivo imos traballar no vindeiro mandato, mellorando ou creando novos servizos como este”.

0.16261982917786