Primeiras subidas importantes de casos en Viveiro, Xove e Lugo

AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid antixenos
5 Mar 2022

A covid resístese a baixa e mantense por riba dos dous mil casos reducindo a súa incidencia de forma somera e facendo notar os efectos das celebracións de entroido. Os casos novos seguen altos e a hospitalización continúa co seu continuo cambio de tendencia.

Así, hoxe hai 2.125 casos activos, 6 menos que onte, con 256 novos contaxios e 262 altas. Onte os casos subiron en 90, con 233 novos contaxios e 141 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 52.876 casos rexistrados e 312 persoas falecidas.

A presión hospitalaria redúcese. Nas UCI seguen a ser 3 pacientes e en planta son 37 (6 menos), 22 no de Lugo (2 menos), 5 na Mariña (3 menos) e 10 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Primeiras subidas claras dende nas últimas semanas. Así, gromo importante en Viveiro, que suma en 24 horas 54 enfermos, Lugo suma 16 e Xove 15. Compensa unicamente a baixada pronunciada da Fonsagrada, con 15 positivos menos.

Limpos de covid son un concello máis: Pedrafita, Muras, Paradela, Samos, Antas de Ulla, Sober e Ribeira de Piquín.

Descende o número de concellos con menos de 10 positivos, son 19, catro menos que onte.

A Mariña

  • Alfoz: 13 casos (1 máis).
  • Barreiros: 10.
  • Burela: 59 (1 máis).
  • Cervo: 28 (1 máis).
  • Foz: 58 (3 máis).
  • Mondoñedo: 29.
  • O Valadouro: 33 (2 menos).
  • O Vicedo: 15 (1 máis).
  • Ribadeo: 33 (1 máis).
  • Riotorto: 12.
  • Trabada: 10.
  • Viveiro: 168 (54 máis).
  • Xove: 29 (15 máis).
  • Por debaixo de dez: A Pontenova, Lourenzá e Ourol.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 33 (3 menos).
  • As Pontes: 74 (4 máis).
  • Begonte: 14 (1 menos).
  • Castro de Rei: 53 (4 menos).
  • Cospeito: 16 (1 menos).
  • Friol: 14 (2 menos).
  • Guitiriz: 17.
  • Muras: Unha semana limpo.
  • Outeiro de Rei: 32 (1 menos).
  • Vilalba: 135.
  • Xermade: 11 (2 menos).
  • Por debaixo de dez: Abadín, Meira, Pol e Rábade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 10 casos (1 menos).
  • O Páramo: 10 (2 menos).
  • Pradela: Unha semana sen casos.
  • Samos: Unha semana sen casos.
  • Sarria: 102 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio, e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 48 positivos (15 menos).
  • Antas de Ulla: Unha semana limpo.
  • As Nogais: 12.
  • Baralla: 21 (1 menos).
  • Becerreá: 18 (3 menos).
  • Castroverde 12 (1 menos).
  • Guntín: 11.
  • Lugo: 1009 (16 máis).
  • O Corgo: 20 (4 menos).
  • Palas de Rei: 10.
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Portomarín: 11.
  • Ribeira de Piquín: Unha semana limpo.
  • Por debaixo de 10: Baleira, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos (2 menos).
  • Carballedo: 19 (2 máis).
  • Chantada: 74 (5 máis).
  • Monforte: 159 (6 menos).
  • O Saviñao: 31 (2 menos).
  • Sober: Unha semana sen contaxios.
  • Taboada: 14 casos (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga e Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
0.16856098175049