Primeiras confirmacións para a oitava edición do Osa do Mar de Burela
AMariñaXa
Primeiras confirmación para a oitava edición do Osa do Mar de Burela que se celebrará o s días 2 e 3 de setembro
14 Feb 2022
O Festival Osa do Mar de Burela puido confirmar a celebración da oitava edición do festival burelés que se celebrará a fin de semana do 2 e 3 de setembro.
Para a realización desta edición fixeron a primeiros de ano unha captación de fondos para poder organizar a oitava edición.
Así, marcouse obxectivo de chegar aos 3.000 euros, para poder afrontar os primeiros trámites e os gastos básicos, e logrouno en menos de dous semanas e a día de hoxe recaudaron 10.510 euros.
Tamén, dende a organización, informaron das primeiras confirmación para o festival de música alternativa que son Anabel Lee, Arde Bogotá, bertomusica, Karavana e LA LA LOVE YOU.