Primeiras confirmacións dos VII Cantos de Taberna da Foliada Nordestía de San Cibrao

AMariñaXa
A Rebolaxe organiza para o sábado 1 de abril os VII Cantos de Taberna da Foliada Nordestía de San Cibrao. E xa comezaron coas confirmacións.
VII Foliada Nordestia San Cibrao 2023
10 Mar 2023

A Rebolaxe organiza para o sábado 1 de abril os VII Cantos de Taberna da Foliada Nordestía de San Cibrao. E xa comezaron cos preparativos e as confirmacións.

Así, presentaron a Fransy, Davide e Cibrán, un grupo de música tradicional galega que une a tradición e a vangarda musical. Fransy González (percusión e voz), Davide Salvado (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín procesado e Moog) son tres músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional. Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica partindo dun repertorio de música tradicional pura.

Tamén confirmaron a asistencia de Comando Curuxás, un grupo formado por tres amigos que naceu alá polo ano 2017, cando comezaron a darlle voltas á idea de formar unha nova banda. A intención era poñer en marcha unha murga, cun punto de modernidade, con armonías e arranxos actuais. E desas ideas iniciais naceu o grupo Comando Curuxás, que está formado por Alberto Núñez ao acordeón diatónico, Pablo Pardo 'Pacior' na frauta traveseira de madeira e saxo soprano, Miguel Anxo López nas percusións, Pablo Pascual ao clarinete baixo e Serxio Núñez ao clarinete, pandeiro gaita e voz. O son de Comando Curuxás lembra ás antigas romarías, e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa súa música e que baile.

Por outra banda convidan a todos a participar no Xantar Popular que terá lugar na praza dos Campos e que constará de empanada de bonito, ensalada de pasta, polo asado con patacas, bebida e sobremesa, e estará amenizado polos participantes dos Cantos de Taberna, todo esto por un módico prezo de 13 euros.

Para asistir será necesario mercar o ticket no Restaurante O Noso Lar ou a Hansel e Gretel - San Ciprián antes de que se esgoten por que a festa e a diversión van a estar aseguradas. Tamén se poderán mercar a partir das 12.00 horas a 15 euros na praza.

Lémbrase que está aberto o prazo para inscribirse nos Cantos de Taberna. Para poder facelo é moi sinxelo, tan só haberá que cubrir o formulario no enlace seguinte antes do 23 de marzo. As prazas son limitadas polo que a organización di que “non hai que demorarse”.

Este ano chega a súa sétima edición e dará comezo ás 12.00 horas e cada grupo poderá aportar xunto coas voces, instrumentos musicais que os acompañen como o acordeón, guitarra, instrumentos de vento ou percusión tradicional. Ademais cada grupo estará comvidado a un máximo de 8 consumición básicas en cada local do seu itinerario e disporán tamñen de 8 invitacións para o xantar popular.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, previsiblemente contará como en anos anteriores cun xantar popular, xogos infantís e actuacións.

VII Foliada Nordestia San Cibrao 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18325591087341