Primeiras confirmacións do Osa do Mar de Burela 2023
AMariñaXa
O Festival Osa do Mar de Burela confirmou a súa celebración para o vindeiro 2023 e que será os días 1 e 2 de setembro.
18 Dec 2022
O Festival Osa do Mar de Burela confirmou a súa celebración para o vindeiro 2023 e que será os días 1 e 2 de setembro. O deseño do cartel é obra de Héctor Manasé.
Tamén anunciaron as primeiras confirmacións que actuarán en Burela nesta novena edición e que son Bala e Lúa Mosquetera, Caamaño & Ameixeiras, Carlangas, Fillas de Cassandra, La Paloma, Sexy Zebras e Shego.
Así mesmo anunciaron que están a venda os abonos de 2 días a un prezo de 25 euros.