Primeiras confirmacións no programa Foliada de Cervo e a Feira de artesanía e alimentación

AMariñaXa
O grupo Fol do Raxal, Acr Fervenza de Sargadelos e Marmeladas A Morena organizan unha nova edición da Foliada de Cervo e a Feira de artesanía
foliada cervo artesania maio
10 Abr 2023

O grupo Fol do Raxal, Acr Fervenza de Sargadelos e Marmeladas A Morena organizan unha nova edición da Foliada de Cervo e a Feira de artesanía e alimentación que será o 6 de maio.

A mediodía haberá pasabares de 12.00 a 14.00 horas para facer desfrutar aos visitantes así como unhas deliciosas tapas nos bares cun prezo que rondará os 3 euros.

Despois será a quenda da sesión vermú a cargo do grupo mariñán Tumba e Dalle a partir das 14.30 horas na praza do Souto; que dará paso á ludoteca para os cativos que contará con xogos tradicionais da man de Xogando coas nubes, de 16.00 a 18.0; e xa a partir das 17.00 terá lugar o obradoiro de baile tradicional con Xabier Espasandín.

Xa arredor das 19.00 horas comezará a esperada foliada e ás 22.30 horas será o concerto de Tiruleque. Máis tarde farase un sorteos con produtos ofrecidos pola veciñanza e colaboradores, e por último pecharán a festa cunha queimada.

A organización xa foi debullando os obradoiro, e contarán cun de construción de pandeiretas a cargo de Sanín e que será de 10.00 a 14.00 horas. Para anotarse será necesario chamar ao 678 957 554 ou escribir a fervenzadesargadelos@gmail.com antes do 16 de abril. Ten un prezo de 40 euros.

Na praza do Souto de 12.00 a 20.00 horas ramén será a feira de artesanía e alimentación que contará con produtos artesanais situados en stands de madeira.

Para asistir á feira con posto ou con grupo será necesaria a inscrición chamando ao teléfono 649 130 873.

0.16826486587524