Prestacion extraordinaria por cese de actividade

AMariñaXa
Por Díaz & Abad Abogados O día 1 de abril,  comenzaba o período anunciado polas Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social para solicitar a prestación extraordinaria por cese de actividade pola modalidade de reducción de ingresos decretada polo goberno motivada polo estado de alarma a fin de combatir a emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.
3 Abr 2020

Por Díaz & Abad Abogados

O día 1 de abril,  comenzaba o período anunciado polas Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social para solicitar a prestación extraordinaria por cese de actividade pola modalidade de reducción de ingresos decretada polo goberno motivada polo estado de alarma a fin de combatir a emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

Dicir que esta prestación vai dirixida exclusivamente para os autónomos ou traballadores por conta allea e ten a mesma duración que o estado de alarma. Os motivos da mesma basicamente son dous, por un lado a inactividade ou actividade suspensa  por decreto e polo outro, se á causa desta emerxencia sanitaria a facturación do autónomo, no último mes, se reduca en mínimo un 75% respecto do semestre anterior.

Os requisitos para a sua obtención son claros: estar afiliados a data do 14 de marzo, estar ao corrente de pago e senon regularizar o descuberto, e se actividade non está suspensa polo decreto do Goberno, acreditar a reducción de facturación presentando una declaración xurada de reducción de ingresos, a cal está dispoñible dende a paxina web  do portal da Seguridade Social.

A cuantía a obter e o 70% da base reguladora que mantén  e senon hai período mínimo de cotización o 70% da base mínima da cotización básica do RETA. A cantidade mínima sen fillos a cargo será de 501,98 euros e a máximo ronda os 1.411,83 euros con máis de un fillo a cargo.

Esta axuda non conleva a declaración de baixa na actividade en Facenda, pero non e compatible con outras axudas recibidas nin coa pluriactividade, e cobrarase entre o día 7 e 10 do mes vencido.

Se o autónomo  ten traballadores ao seu cargo e solicita un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), debe de acompáñalo a solicitude debidamente firmada e cumprimentada.

0.18442106246948