Presentouse a nova marca e a campaña de comunicación da Mancomunidade de Concellos da Mariña

AMariñaXa
A CIG recorre por inconstitucionais as bases de selección depersoal temporal do Concello de Monterroso para unha praza na ocioteca
nova marca mancomunidade concellos mariña 2024
15 Xan 2024

Presentouse a nova marca e da campaña de comunicación da Mancomunidade de Concellos da Mariña, no marco do Plan de Sostibilidade Turística. Neste acto participou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Na súa intervención reafirmou o apoio do Goberno a través da Secretaría de Estado de Turismo para situar á comarca nas mellores guías de turismo de calidade e fortalecer este territorio como destino referente, sostible e competitivo.

No acto tamén interviñeron Pablo Rivera, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, e Carmen Pita, Directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia.

Ademais dos representantes políticos e técnicos dos concellos da Mariña, en Mondoñedo déronse cita representantes do Clúster de Turismo de Galicia, de APEHL, do Bispado da Diocese Mondoñedo-Ferrol, das Acias e dos Concellos da comarca, entre outros organismos e entidades, así como numerosos colaboradores do sector turístico privado.

Isabel Rodríguez agradeceu aos concellos que integran a mancomunidade o liderado deste proxecto, subliñando que son “o paradigma da cooperación, a cohesión territorial e o entendemento entre administracións”, destacando a importancia de “ir avanzando no plan para dar maior presenza e proxección á comarca da Mariña”.

Os dezaseis Concellos que conforman a Mancomunidade únense baixo a nova marca turística e de territorio A Mariña, Galicia de corazón, que foi presentada nun acto esta mañá ao que acudiron centos de persoas. A primeira parada na que se dará a coñecer será en Fitur 2024.

Trátase dunha marca “con personalidade, auténtica, feminina, culta e universal, con vocación de permanencia e liderazgo”, segundo subliñan desde a entidade.

En primicia e como anticipo a FITUR, a presidenta da Mancomunidade, compartiu cos asistentes ao acto o vídeo deseñado para abordar unha potente campaña de comunicación que terá lugar durante o ano 2024 a cargo do PST. “Unha peza baixo o título A Mariña. Toma o teu tempo que transmite dun xeito esencial e poético a alma do que queremos contar e compartir, indicou.

No 2024 a Mancomunidade de Concello abordará unha campaña interna, que terá como obxectivo espertar o sentido de pertenza entre a cidadanía local: A Mariña, Latexa contigo. A nivel externo será lanzada a campaña de publicidade Toma o teu tempo, deseñada para atraer visitantes nos meses de baixa demanda e inclúe a renovación dos soportes de comunicación, a elaboración de merchandising, o deseño e execución dun plan de activación da marca a través de eventos en mercados obxectivo e o deseño de campañas publicitarias.

0.15387606620789