Preséntase un libro sobre a evolución de Alfoz dende o medievo ata a actualidade

AMariñaXa
Coa participación de Carmela López Moreno da Deputación no Castelo de Castrodouro
libro-alfoz-deputación
1 Nov 2024

A Deputación participa en Alfoz na presentación dun libro sobre a evolución da localidade dende o medievo ata a actualidade. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, asistiu este xoves no Castelo de Castrodouro de Alfoz á presentación do libro Dá vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia.

Esta publicación, que se enmarca na serie Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos do Editorial CSIC, conta cunha introdución dos editores Carlos Baliñas e Carlos Andrés González. Ademais, tamén colaboraron neste traballo de investigación, que afonda na historia e na evolución do municipio mariñán dende o medievo ata a actualidade, Abel Vigo, Aurelia Balseiro, Mª Dolores Barral e Pegerto Saavedra.

0.19791007041931