Preséntase hoxe o libro 'Ribadenses destacados. 44 biografías, séculos XIX a XXI'

AMariñaXa
No libro Ribadenses destacados. 44 biografías, séculos XIX a XXI, que se presentará hoxe, 25 de novembro, ás 20.00 horas no Teatro
Ribadenses destacados 44 biografias
Ribadenses destacados 44 biografias
25 Nov 2022

No libro Ribadenses destacados. 44 biografías, séculos XIX a XXI, que se presentará hoxe, 25 de novembro, ás 20.00 horas no Teatro, aparecen as biografías de diferentes persoeiros que destacaron como artistas plásticos, músicos, xornalistas, mestres, intelectuais, científicos e inventores, políticos, xuristas, empresarios e benfeitores e que naceron, viviron ou desenvolveron unha parte significativa da súa obra en Ribadeo. Entre eles aparecen tres mulleres: Manuela Barreiro, Corona González e Luz Pozo.

O libro está coordinado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e por unha Comisión Asesora formada por  Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño Gamallo e Chemi Lombardero Rico. Está escrito por un total de 18 autores ribadenses, que ou ben tiveron unha relación especial cos biografados ou son recoñecidos investigadores da historia local. A obra foi patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Conta con debuxos de Juan López Rico e unha portada de Fernando F. Paez, tamén nados nesta vila, polo que este libro pode considerarse como unha obra colectiva de ribadenses que tentan recuperar do esquecemento a homes e mulleres que co seu traballo singular, a súa proxección pública ou a súa dedicación ao engrandecemento e benestar de Ribadeo, merecen o recoñecemento e agradecemento de todos.

O acto desta tarde estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez, e no mesmo intervirán Francisco Díaz-Fierros como coordinador do libro, Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo, e Mª Xosé Gómez, representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística, patrocinadora do libro.

0.18095803260803