Preséntase en Lugo o libro da evolución de Alfoz dende o medievo ata a actualidade

AMariñaXa
Constitúe unha revisión diacrónica da traxectoria histórica da vila de Castro d’Ouro
alfoz-libro
23 Nov 2024

O Museo Provincial de Lugo acolleu a presentación do libro 'Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia', número 21 da serie 'Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos' (Editorial CSIC).

Os seus editores, Carlos Baliñas Pérez (USC) e Carlos Andrés González Paz (IEGPS), acompañados pola directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, explicaron o contido do libro,  que constitúe unha revisión diacrónica da traxectoria histórica da vila de Castro d’Ouro desde a Idade do Ferro ata finais do Antigo Réxime e que reúne os relatorios presentados por expertos de recoñecida traxectoria investigadora durante as 'Xornadas de Estudos Históricos', (2 e 3 de outubro de 2020, centro sociocultural de Alfoz), con motivo do octinxentésimo aniversario da vila de Castro d´Ouro (1220-2020).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15883803367615