Preséntase a XXXII edición do Mercado Medieval de Mondoñedo

AMariñaXa
No evento, que terá lugar ás 20.00 horas, darase a coñecer o cartel do presenta ano, o cartel do torneo medieval e o programa
mercado-medieval-mondonedo
18 Xul 2024

Esta tarde, terá lugar, na Praza da Catedral de Mondoñedo, a presentación da edición número 32 do Mercado Medieval de Mondoñedo que se celebrará os vindeiros 9, 10 e 11 de agosto.

O evento, que terá lugar ás 20.00 horas, darase a coñecer o cartel do presenta ano, o cartel do torneo medieval e o programa que vove ser variado e que inclúe atraccións, ruadas, torneos de cabaleiros e, por suposto, a cena tradicional cea medieval que se celebrará o sábado día 10.

Un dos actos destacados do programa deste ano é que os pregoeiros do Mercado Medieval serán María Teresa Sanz Martínez e Pablo Zarzalejo Santamaría que foron os primeiros en celebrar a Boda Medieval en Mondoñedo no ano 2009.

Ao acto de presentación está previsto que asistan membros da organización, voluntarios colaboradores no mercado, representantes de diversas asociacións e autoridades do Concello, Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Lugo.

0.13662791252136