Presentáronse as festas dos Remedios de Mondoñedo
Presentáronse as festas dos Remedios de Mondoñedo, unha celebración que ten coma eixo central a ofrenda que presentan as cidades e vilas capitais de partido xudicial da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Así, as festas darán comezo o venres 8 ás ás 23.00 horas co concerto de Roi Casal e o seu espectáculo Ambos Mundos na Alameda dos Remedios.
A xornada do sábado 9 comezará ás 12.30 horas cun espectáculo infantil, Contos na Escada, de Alentía Teatro ma Alameda dos Remedios; que dará paso ás 13.30 horas á sesión vermú con Discomóbil Onda Norte na Alameda.
Xa ás 17.00 horas serán os xogos acuáticos nas piscinas municipais do complexo deportivo Viñas da Veiga; ás 19.00 celebrarase o Festival Mamá Quero Cantar no auditorio municipal Pascual Veiga; e máis tarde será a actuación de Os Charangos de Neda, Grupo Beatriz, na Alameda dos Remedios e do Discomóbil Onda Norte.
O domigno 10 ás 11.30 horas será a saída das autoridades dende a Casa do Concello cara o Santuario da Virxe dos Remedios, acompañados pola banda ferrolá Acotaga.✝️
Máis tarde, ás 12.00 horas haberá unha misa solemne presidida polo BispoFernando G. Cadiñanos e Ofrenda á Virxe dos Remedios presentada polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela. A misa será cantada polo Coro Mestre Pacheco. Despois sairá a procesión coa imaxe da patroa e acompañada pola Banda Acotaga de Ferrol e haberá un concerto da mesma Banda na contorna da Igrexa.
Ao mediodía seguriá unha sesión vermú coa orquestra Ritmo Joven e pola tarde haberá un espectáculo de maxia infantil con Nacho Samena na praza do Concello.
Pola noite, ás 22.00 horas, será a verbena coa orquestra Ritmo Joven e no descanso e ao remate, será a quenda da sesión disco con DJ Peabody.
O luns 11 comezará coa misa de Cofrades no Santuario da Virxe dos Remedios ás 12.30 horas seguida da sesión vermú coa orquestra Tania Veiras na Alameda.
Ás 18.00 horas celebrarase a Festa da Bicicleta dende a praza da Catedral ata a Alameda dos Remedios e inclúe unha xincana e unha parada na praza do Concello con xogos infantís.
Máis tarde será o Día do Neno con ambientación musical e con descontos nas atraccións infantís, e dará paso ao concerto da Banda de Música Pascual Veiga no auditorio municipal.