Presentan o segundo video da campaña Xove emprende en Galego

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Xove presentou os vídeos Xove emprende en Galego,  a campaña de fomento do emprendemento e a actividade empresarial en galego que o director xovense Xacio Baño gravou no pasado mes de outubro para o Concello colaborando co Departamento de Emprego e Desenvolvemento ao abeiro dunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
29 Xan 2019

Con este proxecto preténdese difundir a cultura emprendedora poñendo en valor o propio, fomentando o uso do galego entre as persoas emprendedoras, empresarias e traballadoras; incrementar a conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións empresariais, laborais, comercias, no proceso de busca de emprego e na creación de empresas principalmente; e promover o establecemento da oferta positiva de atender á clientela en galego como práctica habitual.
https://www.youtube.com/channel/UCjidwKya204f3_pSSsKqOMQ

0.20767498016357