Presentan o programa da Festa do Ramo de Xove

AMariñaXa
Xove prepárase para dar comezo a unha nova edición da Festa do Ramo que terá lugar no mes de outubro
festas-fogos-artificiais-celebracion
30 sep 2024

Xove prepárase para dar comezo a unha nova edición da Festa do Ramo que terá lugar no mes de outubro. A celebración comeza o venres 4 ás 20.00 horas coa XVI Festa dos Callos. A verbena virá amenizada pola orquestra Marbela e a discomóvil Conxuro. O sábado haberá misa solemne e procesión, así como sesión vermú con Magos que tamén estará na verbena xunto coa discomóbil Conxuro. O domingo rematarán a romaría cunha sesión vermú prolongada con Verónica Cambón. A cita está organizada polo Concello de Xove e a Asociación Cultura e de Festexos Alto do Cruceiro.

festa do ramo xove
0.16296005249023