Presentan o cartel da XXXVIII Feira do Bonito de Burela

AMariñaXa
Ao longo desta semana terá lugar a presentación do total da programación
feira_do_bonito_de_burela
23 Xul 2024

Pasado o ecuador do mes de xullo, despois da celebración do Carme a Raíña do Mar e co recordo de que nestes días se cumpren 30 anos de aquela "guerra do bonito",  continúan a render homenaxe ao mundo mariñeiro.

Deste xeito, a XXXVIII Feira do Bonito xa ten o seu cartel anunciador, realizado por Maite Fernández Cendoya, e a portada do programa de man por Camilo Silva Larrosa. Ao longo desta semana terá lugar a presentación do total da programación da Feira, que xunto con Produart, terán lugar na primeira fin de semana de agosto.

Conferencias, ecoloxía, literatura, deporte, xogos, música e gastronomía poderán saborear neses días en Burela, cociñado por máis dun cento de persoas,  convenientemente arroupado pola colaboración de entidades públicas e privadas e coronado coa participación veciñal e dos moitos visitantes que agardan que os acompañen.

cartel FEIRAdoBONITO 2024 (1)
0.15635299682617