Presentan en Xermade unha nova edición do proxecto Habita Rural

TerraChaXa | AMariñaXa
A biblioteca de Xermade acolleu este luns, 10 de abril a presentación do proxecto #HabitaRural de Ecos do Sur con Muras e Ourol
presentacion habita rural xermade ourol muras
11 Apr 2023

O alcalde do concello de Xermade, Roberto García Pernas, e o alcalde do concello de Ourol, José Luis Pajón, presentaron na Biblioteca Municipal de Xermade o proxecto #HabitaRural da ONG Ecos Do Sur, que pretende abordar a dobre problemática da exclusión social nas cidades e do abandono de zonas rurais que teñen un importante potencial produtivo, xerando unha solución conxunta.

Nesta fase do proxecto, iniciarán unha formación gratuíta en albanelaría, carpintería e pintura, nos concellos de Xermade, Muras e Ourol, co obxectivo de capacitar ás persoas participantes en formación profesional especializada, favorecendo a vivencia real no rural galego, o coñecemento da súa contorna e a xeración de redes que faciliten a súa inserción sociolaboral.

Este proxecto contempla a formación especializada dirixida a persoas que queiran emprender na contorna rural, especialmente a aqueles que residan en cidades ou en vilas galegas e desexen lanzar un proxecto de vida no campo.

O ano pasado Muras e Xermade, xunto con Ourol acolleron este proxecto de formación durante seis meses. Tratouse de que 16 persoas que viviron na zona coa fin de atopar vías de emprego e emprendemento no rural.

A ONG coruñesa Ecos do Sur impulsa este proxecto ocupacional de agricultura, gandería e servizos forestais, que se enmarca dentro do proxecto Habita Rural, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Esta iniciativa é gratuíta e inclúe os desprazamentos, vivenda e manutención das persoas seleccionadas.

En 2021 celebrouse a primeira edición de Habita Rural, que deu como froito un catálogo de oportunidades de emprendemento en Muras, Xermade e Ourol

O proxecto ten como obxectivo revitalizar o rural galego freando o despoboamento e o abandono de terras produtivas. Ao mesmo tempo, explican desde a ONG, ofrécense oportunidades de vida, capacitación e emprego no campo a residentes de lugares urbanos, onde se concentran as principais bolsas de desemprego e exclusión.

As persoas interesadas neste proxecto poden coñecelo na web https://habitarural.org/ ou poñerse en contacto coa organización no correo cooperativas@ecosdosur.org.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17260003089905