Presentan en Órrea o segundo libro de fotos da historia da parroquia
TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, organiza a presentación do libro de fotos da parroquia.
1 Ago 2022
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, organiza para este venres, 5 de agosto, a presentación do libro Santa Comba da Órrea en imaxes (II), que terá lugar no local social A Travesa, a partir das 20.00 horas.
A publicación reúne preto de 300 imaxes recollidas entre a veciñanza que ofrecen un anaco da historia desta parroquia.
Na presentación participarán representantes de todos os barrios da parroquia e o libro repartirase entre todos aqueles que colaboraron de forma gratuíta. Para o resto o libro ten un custe de 10 euros.
Baixo o título Recordos na Memoria, trátase da segunda publicación de fotos da parroquia, unha iniciativa que tivo unha gran acollida entre a veciñanza.