Presentan en Foz a nova edición do Comercio na Rúa
Presentan a nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA, e que se desenvolverá do 22 ao 24 de agosto. Durante as xornadas Fóra Stocks os trinta e cinco establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.
Na presentación participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo. AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.