Presentan as audioguías ficcionadas de Xove e Burela
Presentan as audioguías ficcionadas dos municipios de Xove e Burela. A presentación oficial tivo lugar no paseo etnográfico da Baleeira de Morás, a onde asistiron a alcaldesa e o alcalde dos concellos que estreaban as audioguías, a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Mariña e membros da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.
Asistiron tamén membros do Grupo de Teatro Chévere (Premio Nacional de Teatro, 2014), encargados da elaboración do proxecto. As audioguías están financiadas por convenios de colaboración e do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, e a Secretaría de Estado de Turismo, coa e participan os municipios escenarios das guías.
A guía de Burela, baixo o nome de O mar dos pataqueiros, propón un paseo pola vila para coñecer os diferentes recunchos nos que emerxe un interesante legado mariñeiro, agrícola e industrial. A de Xove titúlase Tomás Mariño en Morás, entre baleas, dolos e Zeppelins e rescataa figura de don Tomás Mariño, o ilustre mariñán que inventou o dirixible dezaseis anos antes que o conde alemán Zeppelin, cuxo invento había pasar á historia co seu nome. A audioguía permite achegarnos a este home brillante a través da súa voz, e descubrir o que significou para a paisaxe a entrada na era industrial do pobo de Morás, de Xove, e de toda a comarca da Mariña.