Presentado o programa de actividades de Entroido de Xove

AMariñaXa
O Concello presenta o programa definitivo do Entroido 2023 que destaca porque o venres 17 de febreiro haberá un baile infantil de disfraces
PRESENTACIÓN PROGRAMA ENTROIDO 2024 EN XOVE (2)
24 Xan 2024

O Concello presenta o programa definitivo do Entroido 2024 que dará comezo o venres 9 cun baile infantil de disfraces no pavillón municipal a partir das 18.00 horas, amenizado pola Disco Móbil Conxuro.

O sábado 10 de febreiro será a quenda das actividades centrais do Entroido e comezarán ás 17.00 horas co desfile de Entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do campo municipal de fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contarán coa actuación da Mekánika Rolling Band.

Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rolling Band, será a festa no pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola Disco Móbil Conxuro; nun intermedio desta actuación farase a entrega dos premios infantís do desfile. Despois da Disco Móbil actuará o Grupo Fénix, e no intermedio da mesma entregaranse os restantes premios (categorías adultos) do desfile. A festa continuará no pavillón ata altas horas da madrugada coa Disco Móbil Conxuro.

Para participar no desfile haberá que facer unha previa inscrición no Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 9 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982 592 001.

Tamén o mesmo día do desfile poderanse facer inscricións no punto de saída localizado na nave-almacén situada ao carón do campo municipal de fútbol, dende as 15.00 ata as 16.30 horas. Dende as 16.30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade vía telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que todos os participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se inscribiran previamente no desfile antes do 10 de febreiro reciban un agasallo de parte da organización. O agasallo se lles entregará ao final do desfile, entregando o tícket facilitado previamente pola organización.

O gran desfile de Xove vai repartir 4.910 euros en premios, recollidos nas diferentes categorías, e ademais haberá un agasallo para o disfraz máis orixinal, ao conxunto máis numeroso, ao participante máis maior e ao participante máis novo.

0.093637943267822