Presentado o cartel da 867 edición das San Lucas de Mondoñedo

AMariñaXa
A comisión organizadora das San Lucas de Mondoñedo xa avanzou parte do programa que se desenvolverá este ano.
san lucas mondonedo
6 Aug 2023

Miguel Paz, presidente da Asociación As San Lucas presentou o cartel das San Lucas 2023, obra do mestre Xose Vizoso "que nunca deixa de sorprendernos, e como non podia ser doutro xeito, presentámolo na Fonte Vella lugar que o veu crecer e donde se criou e adquiriu a sua personalidade como artista", dixo.

O 867 capítulo das San Lucas celebrarase dende o 17 ata o 22 de outubro na cidade de Mondoñedo

O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García participou na presentación do cartel da 867 edición das San Lucas. A descuberta do deseño fíxose na Fonte Vella, que viu medrar e adquirir a súa personalidade artística a Xosé Vizoso, que naceu nunha casa a escasos metros deste lugar emblemático de Mondoñedo.

Daniel García sinalou que “contar con un cartel de Xosé Vizoso é a mellor carta de presentación posible para unha festa tradicional e icónica como as San Lucas e fala, sobre todo, da xenerosidade do artista que coa súa creatividade ven contribuíndo a dar relevancia e continuidade dunha tradición secular””.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organizacion das San Lucas, que se celebrarán do 17 ao 22 de outubro, cunha achega de 20.000 euros.

cartel san lucas mondonedo 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17288684844971