Presentada en Santiago a Romaxe Vikinga do Vicedo
TerraChaXa | AMariñaXa
20 Jul 2019
Na Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia levouse a cabo a presentación ante os medios da IV Romaxe Viquinga, que terá lugar o 26 e 27 de xullo na praia de San Román.
Participaron na presentación da festa, Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, Valentín García, Secretario de Política Lingüística e o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, xunto cos artistas Bruxo Queiman e Andrea Pousa da Compañía Queiman&Pousa.
A Directora de Turismo destacou a importancia do Concello do Vicedo no incremento das visitas ao xeodestino grazas ó Fuciño do Porco e a festas como a Romaxe, da cal espera chegue a ser de interese turístico a nivel galego na próxima década.
Valentín García mostrou o seu apoio á festa ademais da súa interese por coñecela de primeira man unha vez que Jesús Novo presentou polo miúdo o programa desta edición.
Rematou o acto con actuación musical de Queiman&Pousa acompañada dun vídeo creado para a ocasión.