Presentada en Lugo a romaxe vikinga do Vicedo

TerraChaXa | AMariñaXa
Tivo lugar a presentación da IV Romaxe Viquinga de O Vicedo en Lugo.
daf5af37 a485 4052 a8cd 8354974a27b7
22 Xul 2019
Tivo lugar a presentación da IV Romaxe Viquinga de O Vicedo en Lugo. Días antes, a festa déuse a coñecer en Compostela. Asistiron ó acto a Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, a deputada provincial Pilar García Porto, e os artistas Bruxo Queiman e Andrea Pousa.
A Deputada Provincial, Pilar García Porto, participou na presentación da IV Romaxe Viquinga do Concello do Vicedo, que terá lugar este venres e sábado e que conta coa colaboración do organismo provincial. García Porto puxo en valor este evento de recreación histórica, que ademais de contar cunha ampla programación, impulsa o turismo do Concello o que supón un importante revulsivo económico para toda a comarca mariñá.
0.18989205360413