Presentada a nova edición da Run Foz Run
Os días 14 e 15 de agosto terá lugar, nos arredores do Cenima de Foz, a duodécima edición da Run Foz Run. Esta proba, referencia no panorama atlético do verán, está organizada pola Run Foz Run e o Club de Atletismo Ría de Foz.
Este ano, e a pesar das restricións impostas pola pandemia da covid-19, a programación da Run Foz Run é do máis completa e variada. Deste xeito, o sábado 14 de agosto todas as persoas que se acheguen á zona do Cenima poderán desfrutar da animación musical dun DJ, da feira do corredor, dunha colchoneta para os máis pequenos, dunha clase de batuka, de Foodtrucks e dunha andaina (inscricións abertas na web de ChampionChipNorte). O domingo 15, en horario de mañá, é a quenda das carreiras. A proba, regulada baixo un estrito protocolo Covid, conta con diferentes categorías: Pícaros - Benxamín - Alevín - Infantil - Cadete e absoluta, esta última conta cun fermoso percorrido de 7K.
Desde a Run Foz Run e o Club de Atletismo Ría de Foz queren agradecer, ademais, a colaboración e a implicación de todos os locais comerciais de Foz coa duodécima edición da proba.
A organización lembra que as prazas son limitadas e as inscricións seguen abertas na web https://ccnorte.com/