Presentada a candidatura dos socialistas ribadenses para as eleccións municipais do 28 de maio
A candidatura dos socialistas ribadenses para as eleccións municipais do 28 de maio está integrada por oito mulleres e seis homes. É unha lista renovada nun 70 por cento respecto á que presentaron no ano 2019.
A lista está encabezada pola actual voceira municipal e secretaria xeral do PSOE en Ribadeo, Marta García Rey, que ademais é coordinadora comarcal dos socialistas, membro da executiva provincial do partido e graduada en Turismo.
O número 2 da candidatura é Víctor López Pérez, empregado do Rexistro da Propiedade de Ribadeo que foi presidente do Ribadeo FC, presidente fundador da peña ribadense do Athletic de Bilbao e directivo doutras entidades deportivas locais. Ademais ocupou varios cargos en diferentes etapas no PSOE de Ribadeo.
No terceiro lugar da lista está Camilo Vázquez Corveiras, que é enfermeiro, técnico de emerxencias sanitarias e formador, de número 4 da candidatura é María Teresa Pérez Sanz, informadora turística e empregada dunha empresa de loxística.
A médica oftalmóloga María Lidia Gómez Conde é a número 5 da lista, e o número 6 é Juan Ramón Martínez Pérez, traballador de supermercado. No sétimo lugar da candidatura está a ama de casa Celia Vila Lombardero e o autónomo David Fernández Feijoo é o número 8 da lista.
No número 9 está Amaia López Vivas, estudante de Filoloxía Hispánica e membro de Xuventudes Socialistas e no 10 é Justo Enrique Navarret Mon, administrativo na Confraría de Pescadores de Ribadeo.
Outra integrante de Xuventudes Socialistas, Myriam Álvarez Legazpi, que é socorrista, ocupa o número 11. A empresaria Aline Karina Canero Rego vai no número 12, no 13 está o xubilado José Ramón López López. E no número 14 vai Lorena Ramón Bouso, que é traballadora en loxística internacional.
Sobre a candidatura, Marta Rey destacou que é “integradora, representa a diferentes sectores da sociedade ribadense e está renovada nun 70 por cento respecto á que presentamos nas eleccións municipais de 2019. Todos temos moita ilusión e ganas de traballar para mellorar o futuro de Ribadeo”.
A lista será presentada proximamente nun acto público.
LISTA
1. Marta García Rey
2. Víctor López Pérez
3. Camilo Vázquez Corveiras
4. María Teresa Pérez Sanz,
5. María Lidia Gómez
6. Juan Ramón Martínez Pérez
7. Celia Vila Lombardero
8. David Fernández Feijoo
9. Amaia López Vivas
10. Justo Enrique Navarret Mon
11. Myriam Álvarez Legazpi
12. Aline Karina Canero Rego
13. José Ramón López López
14. Lorena Ramón Bouso