O municipio de Lourenzá será o escenario da X edición da Vespafaba e Clásicos, un evento dedicado ás vespas, scooters e coches clásicos que se celebrará os días 5 e 6 de outubro. A primeira xornada, o sábado 5, comezará ás 10.00 horas coa recepción e exposición de vehículos na rúa Fernández del Riego. Ás 11.30 horas, os participantes poderán gozar dunha xincana e diversas probas de habilidade.
Ás 13.30 horas, dará comezo unha ruta con pinchos, seguida dunha comida ás 15.00 horas, entrega de premios e sorteo de agasallos. O domingo continuará a celebración coa recepción e exposición de vehículos clásicos a partir das 10.00 horas. A ruta do día sairá ás 13.30 horas e, ás 14.30 horas, terá lugar a comida no hotel A Casa da Luz, en Bretoña.
Ao rematar, os vehículos regresarán a Lourenzá para a entrega de trofeos e novos sorteos, programados para as 17:00 horas. O prezo de inscrición será de 30 euros para socios, 35 euros para non socios e 15 para os nenos ata 12 anos. Este evento é unha oportunidade única para os amantes das vespas e vehículos clásicos de gozar dunha fin de semana chea de actividades en Lourenzá.