PP e BNG defenden que as axudas a usuarios da Residencia de Maiores de Foz son de interese público
O PP e o BNG volven a unirse para defender ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) que as axudas a usuarios da Residencia de Maiores de Foz son de interese público. Sucedeu no pleno extraordinario urxente no que os populares velaron polos intereses dos residentes, "en contra da proposta do señor Cajoto e da empresa que propuxo como adxudicataria".
O PP e o BNG deixaron claro no pleno que hai unha razón clara de interese público, que prima sobre calquera outra, que é non deixar desamparadas ás familias que non poden pagar a residencia polos altos prezos que presenta a empresa e que avala o PSOE.
"Desde o Partido Popular de Foz apoiamos a emenda do BNG na que se incluía un informe que contradí a versión do alcalde ante o TACGAL que entendemos só favorecía ao recurso da empresa reclamante que cre que non é de interese público que os usuarios non podan pagar a residencia", explica o voceiro popular, Javier Castiñeira.
"Cajoto converteu este expediente nun esperpento administrativo e lamentamos que siga insistindo en adxudicar o servizo da Residencia de Maiores sen resolver as axudas antes ata o punto de saltarse a legalidade, como fixo no pleno do 15 de xullo e que mañá hai que anular", finaliza Javier Castiñeira.