Posta en marcha a ampliación da rede municipal de auga de Xerdiz

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol tras executar as obras de ampliación da rede municipal de distribución de auga da parroquia de Xerdiz, nos núcleos de: Os Currás, Rexulfe, A Revolta, Vilacimas, O Loureiro, As Laxes e Pazos.
24 Maio 2019

O Concello de Ourol tras executar as obras de ampliación da rede municipal de distribución de auga da parroquia de Xerdiz, nos núcleos de: Os Currás, Rexulfe, A Revolta, Vilacimas, O Loureiro, As Laxes e Pazos. Levou a cabo toda a tramitación para a súa posta en marcha e obtivo todos os permisos sanitarios necesarios unha vez realizadas as correspondentes inspeccións sanitarias comprobando que se adecua aos criterios sanitarios establecidos no Real Decreto 140/2003 e no Programa de Vixilancia Sanitaria de Augas de Consumo Humano na Comunidade Autónoma Galega, polo que se informa que o Concello de Ourol procederá á posta en funcionamento da ampliación da rede municipal de distribución de auga da parroquia de Xerdiz, aos núcleos de Os Currás, Rexulfe, A Revolta, Vilacimas, Loureiro, As Laxes e Pazos.
Todos aqueles veciños dos núcleos anteriormente referidos que desexen conectarse á nova rede municipal de abastecemento de auga poden realizar a súa solicitude de conexión nas Oficinas do Concello de Ourol.

0.14162611961365