Portos ultima os traballos de renovación de defensas e morróns no porto de Burela

AMariñaXa
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou  o porto de Burela onde a Consellería do Mar está a ultimar e ten comprometidas melloras por importe de máis de medio millón de euros, como a renovación de defensas e morróns, das luminarias con tecnoloxía LED e a reposición do firme no vial anexo á parede do dique que dá á terra.
18 Xan 2023

Susana Lenguas detallou que o ente público está a finalizar os traballos de renovación de 56 novas defensas e cinco morróns de grandes dimensións para reforzar a seguridade da frota e mellorar as condicións de amarre. Esta actuación supón un investimento de 245.000 euros por parte de Portos de Galicia. 

Ademais anunciou que o ente público prevé un investimento de 166.000 euros para a renovación de luminarias no porto, dentro do contrato global de dotación de tecnoloxía LED en diversas dársenas de todo o litoral galego. En total actuarase sobre 117 luminarias que serán inspeccionadas, renovadas e acondicionadas para o seu control telemático. 

A maiores, a representante da Xunta sinalou que o porto de Burela é un dos que se inclúen no contrato que Portos de Galicia ten en fase final de licitación para a renovación de pavimentos deteriorados en diversas dársenas de todo o litoral galego. Neste peirao reporase o firme de todo o vial anexo á parede do dique que dá á terra por valor de 96.000 euros. 

0.19341397285461