Portos está estes días a facer pequenas melloras no bordo portuario focense
Portos de Galicia esta estes días a facer unhas pequenas melloras no bordo portuario focense, con dúas actuacións de conservación e colocación de protección.
A primeira é unha unha actuación de mellora e conservación dunha rampla de baixada de embarcacións en Porto Chico que estaba en moi mal estado, unha rampla que é moi usada por deportistas de vela e piragüismo, pero que ademais coa obra de conservación e mellora permitira tamén que se poda usar para baixar pequenas embarcacións deportivas e motos de auga sen ter que depender das mareas, xa que a rampla esta sita nunha zoa que sempre ten Calado.
Outra das actuacións consiste na colocación de unhas varandas de seguridade no bordo portuario que vai dende o desaugue actual da depuradora ata a antiga fabrica do xeo.
Dende a A Ribeira de Foz valoran positivamente estas pequenas actuacións, e "esperamos que outras que solicitamos e precisamos con moita urxencia en Foz como son o dragado e remodelación do peirao de Porto Chico comecen a facerse o antes posible xa que son realmente moi necesarias para seguir avanzando no eido da náutica deportiva, no turismo, e dar cobertura demandas existentes".