Portos de Galicia iniciará os traballos de dragaxe dos peiraos de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciará nos vindeiros días os traballos de dragaxe dos peiraos do municipio lucense de Viveiro.
15 Apr 2020

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciará nos vindeiros días os traballos de dragaxe dos peiraos do municipio lucense de Viveiro. O ente público que preside Susana Lenguas prevé que a draga especializada na realización deste tipo de labores comece a operar en canto chegue a Viveiro procedente de Dinamarca. 

Os traballos consistirán na retirada de 50.000 metros cúbicos de material areoso dos fondos mariños dos peiraos deste concello lucense. A actuación permitirá a recuperación de calado na canle de acceso, no peirao pesqueiro e no porto deportivo, o que dá resposta ás demandas realizadas polo sector. Os traballos comezarán na canle de aceso e na dársena pesqueira e continuarán despois no peirao deportivo. 

As obras para a dragaxe dos peiraos de Viveiro, que contan cun orzamento dun millón de euros, arrancaron o pasado mes de decembro con actuacións previas á chegada da draga e o plan de traballo realizouse en coordinación coa empresa que explota o peirao deportivo co obxectivo de non ocasionar molestias aos usuarios. 

Nos últimos días, e debido á crise sanitaria provocada polo coronavirus, o desenvolvemento das actuacións viuse parcialmente afectado pola paralización das actividades non esenciais pero Portos de Galicia prevé recuperar o ritmo previsto da obra no transcurso da mesma. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17110013961792