Portos de Galicia acometerá a segunda fase de reparación do porto do Vicedo

AMariñaXa
Os traballos comezarán antes de finalizar marzo e incluirán a pavimentación e control topográfico
mal-estado-porto-vicedo-2025
13 Mar 2025

Portos de Galicia iniciará antes de que remate marzo a segunda fase das obras de reparación do porto do Vicedo, dando continuidade ás actuacións iniciadas o pasado ano para estabilizar o peirao da lonxa.

Na primeira fase levouse a cabo a consolidación da banqueta do porto, que sufrira unha perda de material na súa base, provocando a apertura dunha fenda na superficie. Ademais, realizáronse melloras complementarias, como a reparación das pezas metálicas laterais de protección, moi afectadas pola acción do mar.

Nesta segunda fase, procederase á pavimentación da superficie portuaria e á reparación dunha parte da vía de entrada ao porto. Paralelamente, tamén se está realizando un control topográfico para avaliar a evolución das intervencións previas e garantir que o peirao está completamente asentado.

⚙ Configurar cookies
0.15217900276184