Porta a Porta estará en Trabada tres días

AMariñaXa
O Concello de Trabada acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
17 Xuño 2023

O Concello de Trabada informa de que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia chegará de novo á localidade neste mes de xuño, concretamente os días 20, 21 e 22 na praza do Cocnello.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.

O autobús do Porta a Porta estará no recinto da feira en horario de 9.00 a 20.00 co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

porta porta trabada xuño
0.14172792434692