Porta a Porta estará en Lourenzá tres días
AMariñaXa
O Concello de Lourenzá acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.
11 Xuño 2023
O Concello de Lourenzá informa de que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia chegará de novo á localidade neste mes de xuño, concretamente os días 16, 19 e 20 no recinto da feira.
O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.
O autobús do Porta a Porta estará no recinto da feira en horario de 9.00 a 20.00 co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.