Porta a Porta estará en Lourenzá a finais deste mes
O Concello de Lourenzá informa de que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia chegará de novo á localidade no mes de novembro, concretamente os días 25, 28 e 29.
O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.
O autobús do Porta a Porta estará no recinto da feira en horario de 9.00 a 20.00 co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.
Tamén o día 25 de novembro haberá unha charla de Coidados dos pes as 19.00 horas na Sala do Torreón.
No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo.
O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, habendo unha primeira xornada explicativa dos servizos.